sábado, 3 de novembro de 2007

Telebasura ao poder!!!


Leo hoxe en La Voz de Galicia unha noticia relacionada coa violencia xuvenil e esa nova moda de grabar as agresións no teléfono móbil para pasar á posteridade con esas imaxes.

Esta última agresión ocorreu en Boiro, hai poucos días, cando un grupo de rapaces menores de idade lle deron unha paliza a outro e o grabaron en vídeo. Onte o xuiz enviou aos agresores a un centro de menores para que permanezan aí á espera do xuízo.

Pero non vou escribir sobre o noxo e a repulsión que me produce toda esa violencia gratuita, que parece satisfacer tanto a determinados adolescentes hoxe en día. O que realmente me impacta da noticia é o seguinte que leo no xornal:

"«Este vídeo vale ou seu peso en ouro», comenta en ton burlón na filmación o mozo que gravou a brutal malleira de Boiro hai agora doce días. O tempo parece terlle dado a razón a este menor, xa que o vórtice de medios desprazados ata a zona portuaria de Escarabote solicitando o polémico vídeo provocou que algúns mozos pedisen ata cen euros por ceder as imaxes.

Esa cifra é confirmada por C., de 15 anos e veciña de Escarabote, que estaba sentada cun grupo de amigos no parque fronte ao centro social da parroquia. A esclarecedora secuencia ofrecida pola menor é a que segue: «Chegaron dalgunhas televisións preguntando se sabiamos de alguén que tivese ou vídeo, e eu respondín que si. Entón vos xornalistas quixeron saber canto pedía polo. Un compañeiro que estaba ao meu lado contestoulle que cen euros. "Nin de coña, douche cinco", díxolle ou xornalista. "Por eses cartos non cho vendo, porque as teles gañades moito", contestou ou mozo. Ou outro díxolle que vinte euros e que era a súa última oferta. E ou rapaz contestoulle: "Dacordo"». E pechouse o trato.

C. afirmou que «entre onte [por antonte] e hoxe [onte] saqueime 40 euros, que non está nada mal». O argumento esgrimido por esta moza para xustificar a venda das imaxes da brutal malleira sufrida polo seu veciño e coñecido T. foi que «se ou fan vos demais eu tamén, xa que así gañei uns cartos sen facer nada».

A nai da menor está presente no transcurso da conversación. O silencio foi a resposta da proxenitora ante as contundentes palabras da súa filla."

Pois ben. Ata aquí chegamos. Algo que xa vivimos hai poucos días co rapaz de Barcelona que agrediu no metro a unha adolescente por ser ecuatoriana. As televisións apestan. E o afirmo con rotundidade. Resulta que premian económicamente a aqueles rapaces que grabaron e difundiron o vídeo da brutal agresión, e incentivan dalgunha maneira o mercadeo con ese tipo de cousas. Transmitimos a mensaxe de que bueno, está mal que os nenos peguen a outros nenos pero se pasa... por qué non aproveitar a situación.

Non existe un código ético do xornalismo? É normal que admitamos sen inmutarnos que os agresores e os colaboradores nestes feitos se beneficien económicamente?

Todos deberíamos reflexionar sobre a onde nos leva isto, cara onde deriva a sociedade e se isto é no que queremos que se convirta. Non podemos quedar parados, coma esa nai coa sua filla, mentres vemos coma un adolescente afirma que se vai enriquecer con isto, porque non vai ser menos. Non podemos permitir que a programación das televisións nos diga continuamente que por cartos se pode facer calquera cousa, que todo está permitido.

E creo que as televisións e os xornalistas deberían facer unha fonda reflexión sobre o seu papel na sociedade, porque de seguir así creo que a sociedade pode prescindir perfectamente deles.

1 comentário:

xarabal disse...

Estos dias estase a falar moito da crise de valores, da autorregulacion dos medios, etc. etc. Todo eso motivado, hoxe polo caso do rapaz de Boiro, onte polo da rapaza ecuatoriana e mañan ??.
No caso concreto de Boiro, a gravidade dos feitos ven polo desexo premeditado dos actores (de alguns actores) en darlle publicidade o feito porque segun as suas proprias palabras "Ese video é ouro". Pelexas e malleiras entre rapaces ouboas sempre e sempre oubo cafres que inda por riba animaban mais os malladores.
O grave do asunto e a publicidade que se lle da a estos temas. Primeiro polos actores o querer publicalas e logo os medios que parece que non teñen outra cousa que dicer. Fai aproximadamente 35 anos, diante do auxe que estaban a coller as drogas, a OMS recomendaba que as noticias relacionadas con este tema se levaran con moito coidado. A vista está todo canto veu logo. O mesmo está a pasar con casos de violencia doméstica. Algun subnormal violento, parece que o que mais lle importa e que falen del na tele. Non estou dicindo que se agochen as cousas, pero si que se teña moito coidado co que se di e como se di, pois se estos rapaces no viran xa varias veces tanto na TV como na prensa, noticias dese tipo, nunca se lles pasaria pola cabeza facer o que fixeron.
Tema aparte é a actitude dos pais que parecen querer descargar a educacion dos fillos nos mestres, ou pior ainda como no caso da rapaza que se conta na entrada, que goza do beneplácito da nai no intre de vender o video. Evidentemente a crise de valores non está so nos fillos, pois a moitos pais era a quen habería que meter nun correcional.