domingo, 20 de janeiro de 2008

Pasen e voten!!


Aí veñen as eleicións... catro anos máis tarde e un pouco máis cansos de toda esta política de gardería, que sempre foi así, pero que nos últimos tempos se nos fai insoportable... É a política do "pero tú más!" que sinceramente xa me ten un pouco farta.
Que vai pasar nestas eleicións? Creo que nada que cambie esta situación... Seguirán á gresca, sen parecer que lles importa moito o que pase nas rúas...
Andanche agora con líos coas listas do PP, e puxeron de número 2 a Pizarro, un tío que encheu os petos de cartos a conta de ser lear ao PP (agora páganllo). Pero sinceramente tanto me ten Gallardón, Esperanza ou Pizarro. Neste caso "tanto monta..." Son as dúas caras dunha mesma moeda. Non hai grandes diferencias. Só espero que esta panda de Zaplanas, Acebes, Esperanza, Pizarros e Rajoy non gañen. Non porque os outros me entusiasmen, senón porque non quero volver a aquela sensación de desazón que tiña no último governo de Aznarín...
En fin, xa se verá. Por agora estou contenta de que neste caso haxa opción C.